Lugares de San Fiz


                                 O descoñecido lugar de "Tras monte" en San Fiz.

                 Levo xa bastante tempo a procura de datos dun lugar da Parroquia de San Fiz chamado " Tras monte ". Trátase dun lugar que foi habitado no ano 1801 por unha muller solteira chamada Rosa Muradás, como así reza no Catastro de Martín Garay.A lo menos había dúas casas, como mostran outros datos atopados. 

                Coido que o lugar ten que acharse preto de Calve ou Souto de Faixo, pois cando se facía o catastro sempre se levaba un orde de veciñanza, íase saltando dun lugar a outro máis próximo.

               Se alguén ten oído deste lugar a os nosos maiores, da igual si é un tarreo, un monte ou o que sexa, pregaríalle que mo comunicara. Daquela ainda había xente vivindo en Cima da Vila, Souto de Faixo, e Calve.


Lugares de San Fiz.

                                              "Venda dunha viña en Calve, ano 1721"

            Un dos documentos máis fermosos que atopei no portal de: Archivos Españoles PARES no caixón de protocolos e padróns, foi o dunha venda realizada no Coto da Touza , San Fiz de Navío, dunha viña situada en Calve.

             E comeza así: " En el lugar de la Touza fregresía de San Pheliz de Navío, Jurisdicción de San Andrés de Camporredondo a dieciocho días del mes de Marzo, año de mil setecientos veintiuno, ante mi ... " continúa cos comparecentes entre os que nombra a un tal Tomás Mosquera de Santa María de Arcos, a un Ventura González do lugar de Agro de Quinta da fregresía de Garabás. Segue a enumerar os bens, que son dúas cavaduras e media de viña, todo nunha peza no lugar de Calve, según se demarca na cabeceira e axuntado cos bens de María da Escaleira e de Mathías Rodríguez.  

               Describe de seguido, a forma de pago a un tal Don Gonzalo Mariño de Taboada que non e outra que en moios de viño branco. O que me resulta imposibel e saber de cantos moios se trata, non se pode ler, aventuro que cen. Ademáis figura que lle ten que pagar o Conde de Ribadavia a renta que lle tocara. Seguen unha serie de condicións que tampouco consigo ler e pecha o documento ca firma como "testigo a ruego" de Don Antonio de Toubes e do escribente.


Delimitando a Parroquia de San Fiz de Navío.

            Sabíades que a comenzos do século XIX , ademáis da división administrativa dos pobos e lugares do Concello, había unha división territorial dos terreos do rural ?. Documentación que atopei no Arquivo Histórico Provincial de Ourense así o indica. Se por exemplo collemos a Parroquia de San Fiz, atopamos que estaba repartida nos seguintes termos :

*Término das Novoas e a Aira.

*Término de Candorcas e Bacelares.

*Término da Costa do Penedo e o Redondo.

*Término da Carballeira e Almuiña.

*Término do Agro, Fontebois e Veréa.

*Término dos Castros e Viñás.

*Término da Quintá e Reguenga.

*Término do Coto das Seixas e a Veiga.

*Término de Mascaroute e Souto de Faixo.

*Término de Paramiñón.

*Término de Calve e a Debesiña.

*Término de San Amaro e Fontelos.

*Término de Barrio e a Regueira.

*Término de os Pitos e a Cicuteira.

*Término de Penacavada.
            A súa vez cada término estaba subdividido en leiras e montes, que tamén veñen reflexados en ditos documentos. Se tomamos o término da Quintá e Reguenga, aparecen os siguintes nomes : - Picouto.- A Veiga.- Cimadevila.- Castreás.- Sandio.- Herdade Grande.- Prados da Quintá.- Barreal.- Porteleira.- As Minganas darriba.- Os Comareiros.

Estes sitios, alguns, permanecen hoxe en día, outros van desaparecendo, por eso a miña teima e recuperalos para a memoria do pobo. A palabra término en galego non se debe dicir, o correcto sería "termo", eu fago para manteñer a literalidade do documento.

Cando se trazou o apeo de San Fiz, nel aparecen nomes que dan moito que pescudar, a mín sírvenme para localizar sitios que nin tiña idea deles ademáis da marabillosa riqueza da toponimia de San Fiz. Situaban os sitios con reseñas como : " Desde as Minganas a Cruz de Amaral, e desde ahí o Cacharelo, logo vai trazando unha recta a Pena Negra do alto do Picouto acabando no Coto das Seixas a carón do Camiño Real" . Nada que dicir....


Lembrando  os topónimos  das nosas leiras, montes e  lugares .

O pantasma do tempo, pouco a pouco vai borrando da fráxil memoria, aqueles fermosos nomes conque os nosos devanceiros bautizaron: eidos, montes e lugares. Pero a prodixiosa forza dos recordos, fai que revivan de novo.

Apostemos por perpetualos na memoria dos nosos fillos e netos, eso fará que os topónimos, outrora usados a cotío, volvan a reencarnarse en costume habitual dos nosos pobos.

Qué veciño do Concello non ten oído falar destes nomes ? A quén lle resulta estraño tal sitio ?.Non son todos os que están, nin están todos os que son, pero quero amosar unha pequena mostra da riqueza lingüística que posuimos no Concello: Bótalle un vistazo a foto de arriba.

Como podedes ver aparecen topónimos de todo o Concello, non só de San Fiz.


Sandulces nunha doazón do ano 887.

O primeiro lugar da Parroquia de San Fiz de Navío, citado nun documento antigo, foi Sandulces. No tomo primeiro do " Cartulario de Sobrado dos Monxes ", sae unha escritura de doazón feita por Sisnandus en favor da súa esposa Eldontia. Está fechada esta carta o 29 de Abril do ano 887. Como ben apreciades na foto, está escrita en latín e coincide cos tópicos das fórmulas visigóticas de entrega de dotes. Según a traducción de López Ferreiro, a carta empeza así: " No nome de deus, eu Sisnandus, a ti docísima esposa miña. Conseguindo para min o teu matrimonio por gracia divina, segundo as costumes da futura esposa e desexando ardentemente vivir contigo e facerte unha esposa feliz, preferín prometerme con unha nobre familia e elexi-lo teu amable consentimento na linaxe onde brilla o esplendor da sús nobreza e resplandece a beleza na fermosa honestidade dos homes "..... segue a nomear o que da en dote: " Damos e concedemos a túa dozura a título de dote 10 mozos que son" .... pasa a identificar cada un dos dez servos. A continuación tamén doa 10 mozas , cos séus nomes. Tamén doa: " vinte cabalos e unha besta coa súa sela e o seu freo adornado, cen vacas, vinte parellas de bois e cincocentas ovellas comúns. Para adornos e vestidos catrocentos soldos, ademáis de trinta vilas que son no termo de: " Nemitos, Genrozo, Viventi, Valiobre..... en Castela: Trasarici, Dornelles, Cusanca, Sandurci " .... así hasta trinta vilas.Termina a escrituraa de doazón coa firma de varias testemuñas e a do redautor o Presbitero Uianamundus.Quere esto dicir que tratándose dunha dote tan importante, e dun persoeiro non menos destacado, as terras maís ricas e mais antigas da nosa Parroquia pertenecían a esa zona de Sandulces, Calve e a Touza. Espallándose logo hacia Casanovas, Sergude, Viñás, Barrio, Ventoselo e o resto. Pois esta e a orden en que van aparecendo outras doazós e foros sobre as distintas terras de San Fiz.


Os pobos abandonados: Calve en San Fiz. 

Entro no pobo, o primeiro que albisco e unha fontela pequecha que mestura o murmurio das súas augas co frenético despertar da paxarada.
Camiño entre mimosas que tapan o percorrido do camiño serpeanteando entre silveiras que agochan os restos de leiras cubertos de maleza.
Terras e cadullos abrandados polas pegadas das xugadas, as bágoas e súores daqueles nosos ancestros dobregados polo mango da eixada.
Aparecen os primeiros muros derrubados, semellan quebracabezas desfeitos sen xerarquía algunha.
Adéntrome no que algún día foi un fogar, hoxe serve de hospedaxe a un vello carballo, del penduran as polas cheas de sentimentos e recordos, que van caendo nun carrusel de continua outonía.
Saio a campo aberto, e coma un lóstrego, pasan por diante miña, un montón de caras descoñecidas... ou non ? algunha, varias, moitas... ? semellan axitar o subconsciente.
Logo de todo pérdense nun barullo da memoria coma faíscas de lume que se van e nun minuto serán cinsa.
Abandono o pobo, só, silandeiro, asolagado de recordos, pero ca ledicia de espertar antigos sentimentos.


"O Coto de Sandulces" a mediados do século XIX. 

Nun artigo anterior amosaba o lugar de Sandulces como exemplo de despoboación no rural, pasando no ano 1833 de 23 familias formadas por 71 membros a 2 veciños que deben quedar na actualidade.
Pois ben, noutro documento que atopei do ano 1831, dous ano antes do mencionado anteriormente, figuran os nomes das parroquias que conforman a Xurisdicción de San Andrés de Camporredondo, que era a que pertenecía Sandulces por aqueles anos, mentres as demáis parroquias pertenecían a Xurisdicción de Roucos.
Nese resumen xeral aparecen tamén os veciños e as almas, e dicir: as casas habitadas e os membros totales, ademáis do número de quintos da parroquia cos que tiñan que contribuir. No "Coto de Sandulces" eran 22 veciños e 96 membros os que compoñían dito coto. Ou séa, neses anos era cando mais habitado estaba, a partires daqui xa iba perdendo poboación.
Vendo a foto podemos imaxinar o número de casas que desapareceron e algunhas que só quedan unhos cantos muros. Cada casa e cada pedra que desaparece e unha historia que se perde, un montón de alegrías, de sufrementos, de aventuras que se esvaecen, só o noso recordo volverá resucitalas.


Sandulces ; un antes e un despois. 

Se no artigo anterior salientábamos dous lugares abandonados, neste imos ver como un lugar da nosa parroquia, en só un século e medio queda case baleiro; trátase de Sandulces.
Coñecíamos que no Coto de Sandulces había unha tenencia donde se cobraban os impostos da parroquia. Tamén sabíamos que aquel Coto estaba señoreado polos Toubes da Touza. Pero o que moitos descoñecíamos, polo menos eu, e que un lugar tan pequeno, na actualidade, a punto de quedar vacío , habitaban 23 familias, que estaban formadas por 71 membros.
A documentación que adxunto o lado das fotos así o confirman. Non a transcribo porque a lectura neste caso e moi doada, enténdese ben, o contrario doutros documentos da mesma data. 


Calve e Souto de Faixo. 

Fai xa bastante tempo pedironme que escribira algo sobre os pobos desaparecidos de San Fiz. E despois de rebuscar arquivos e mais arquivos, consultando o Catastro de Martín de Garay atopei as familias que alí habitaban no ano 1824, paso a nombralas:
En CALVE vivían un total de sete familias, con dezasete membros.
.- Rosa Pérez ......... xornaleira.
.- María Pérez.
.- Jacobo Vázquez....... xornaleiro. Casado con Manuela González.
.- Manuel Vázquez ........ xornaleiro.
.- Antonio Vázquez ...... xornaleiro.
.- Alberte Pérez ..... xornaleiro. Casado con Francisca Rodríguez.
Fillos : - José Benito Pérez.
- María Pérez.
- Antonia Pérez.
- Gregorio Pérez.
.- José Muradás. Casado con: Rosalía de la Iglesia.
Fillos: - José Muradás.
_ Teresa Muradás.
- Rosa Muradás.
En SOUTO DE FAIXO vivían dúas familias, con cinco membros.
.- José Ferro ...... xornaleiro. viúvo.
Fillas: - Juana Ferro.
- Bernarda Ferro.
Polo momento só puden rescatar esto, cando teña mais datos colgareinos na páxina .


O Outeiro 

                 A palabra Outeiro deriva de Altarium < alterio < auterio e orixínase de altar , esto e , evoca colinas sagradas , paganismos moi antigos .
Altarium e o lugar donde a antiga relixión colocaba as " aras " , altares , de ahí a prohibición bíblica seguida o pe da letra por a nova relixión " Suprimireís todos los lugares donde los pueblos que vais a desalojar han dado culto a sus dioses , en las altas montañas , en las colinas y bajo todo árbol frondoso ; demolereis sus altares , rompereis sus estelas ..." Deuteronomio 12,2-3 .           Si temos en conta toda descripción etimolóxica que dimos pra o nome Navío , aquí en Outeiro ben podía situarse ese lugar de culto do que xa fixemos mención , o lugar que mais se presta para altar de ofrendas serían os penedos das " Avellaneiras " , con unha visibilidad inmellorable hacia o poniente donde emerge triunfal o penedo de " Pena Corneira " , como sabemos o gran mehir de forma fálica que coroa os montes do Ribeiro .
Por outra parte , istes penedos , serían un perfecto mirador para escudriñar o firmamento , tan relacionado cos antiguos castreños .
           Non debemos olvidar tampouco que o carón destes penedos hoxe sitúase a Igrexa parroquial , como en tantos outros pobos de Galicia que leventaron igrexas o lado de antiguos lugares de culto.


Sandulces.

     Nun documento editado por Emilio Sáez e Carlos Sáez , Colección Diplomática de Celanova . Universidade de Alcalá 2000 .  Rodrigo Velasquez xunto cos seus irmáns permuta a Pedro Abad de San Paio de Antealtares a propiedade da vila de San Doces sita en terras de Castella , por outra en terras de Baroncelli , a beiras do Támega : " Concidimus tibi Petro abbati ( ... villi ) nomee Sandurces (... per suos terminos )antiquo , ide , est : per pena rotunda ... usque ad p(?) in terra Castella , inter Pastouria et Osamu et non procul a fluio Mineo uel castro Carango ."
Segundo anotación anónima Sandurces é Sandulces (San Fiz) . Se pomos que Osamu = Osmo ( debaixo de San Amaro ) e a Pastouria = Partovia (encima de San Amaro ) quédanos que Sandulces está no medio e non lonxe do río Miño , como realmente di o escrito .
        Nota aclaratoria : Tras a morte de Ramiro III de León , Bermudo fué proclamado pacíficamente rei de León e este lega novamente o goberno dos estados de Galicia a Rodrigo Velasquez .
Nun artigo publicado en 1933 en " Vida Galega " a aldea figura como vila de Sandulces. 


Monte dos Castros 

Deixando ao carón que foi un poeta ( D. Eladio Rodríguez de San Clodio , o rápsoda do Ribeiro ) alleo a toda disciplina arqueolóxica , quen , adiantándose á realidade , intuía tal profusión de castros nesta rexión , que vía en cada outeiro destes vales un posible castro celta . Hai que apuntar que era raro que na nosa parroquia non existise un só castro , ao estar esta , rodeada de terras tan fértiles en castros : San Cibrán das , Castro de Salamonde , Castro de Beariz , Castro de Esposende , Castro de Sanín , Castro de Beade , Castro de Berán , Castro Dá Torre , Castro de Lebosende , etc , etc . Pois ben ; segundo documentos antigos en San Fiz existe un castro , situado nun lugar chamado " Monte dos castros " , na intersección dun camiño vello que partindo de Viñás diríxese a San Amaro e outro que parte do Campo dá Festa en Sobrado e que sobe polo " Toco do Zorro " xuntándose ambos á beira onde supostamente existía o castro , na actualidade esa zona está cruzada por unha liña de alta tensión que segue a dirección O Picouto - A Touza . Trátase xa que logo dun castro catalogado pero nunca escavado .
É curiosa a proximidade deste castro a un lugar onde hai unha acumulación grande de enormes pedras ou "pelouros" asentadas e apoiadas unhas noutras , este lugar chámase "O Toco do Zorro " e segundo comenta a xente maior do pobo , alí era desde onde se botaba o " folión " o día da festa , isto explícase pola proximidade do campo da festa , que por aquelas épocas era alí , para anos máis tarde trasladalo á beira da Igrexa , na Carballa . En case todos os asentamentos ou lugares de culto antigos , estes sitios foron ocupados ao comezar a romanización por igrexas , cruceiros ou outras manifestacións relixiosas ou culturais . Podemos deducir entón que o antigo poboado dos Castros estaba situado preto dun lugar de culto ou rito que cos anos foi transformando ese carácter ritual nun carácter lúdico , ou que sinxelamente aqueles ritos antigos a deuses foron dando paso a festas pagás para logo converterse en cultos relixiosos . Hoxe son lugares esquecidos que só o recordo dos maiores fanos aflorar


Monte dos Castros 

Lugar de interese arqueolóxico e cultural , pois alí están as orixes do actual pobo de San Fiz .
Pra chegar o lugar , hay que ir hasta a aldea de A Regenga i o estar a altura do último dos chalés , hay que coller o cortafogos que vai por debaixo da liña de alta tensión , hasta chegar o pé dun poste da líña. 


O Toco do Zorro 

Trátase dun lugar a primeira vista misterioso , cheo de grandes pelouros de granito , que antiguamente pudo ser un lugar de culto relacionado co castro que hay cerca do lugar .
Predominan sobre toda a vexetación grandes e centenarios carballos , arbol que formaba parte importante da cultura celta , que tupen todo o lugar .


O Barazal de San Fiz

A importancia diste lugar reside sobre todo no cumio do monte , dende donde se pode ver gran parte do ribeiro e tamén parte da comarca do Orcellón . A paisaxe que se atisba dende aquí e fermosa cerrando a visión como telón de fondo o alto de Pena Corneira . 


San Fiz ...a meu modo de ver . 

... " Os sombríos piñeirais da miña terra , as umbrosas arboledas , os camiños fondos , os carreiros floridos entre zarzales e herbas , as montañas que parecen recortadas por arquitectos , o río que serpentea entre misteriosas fonduras " ... " Quen che viu , negará a hermosura dos teus vales risueños , dos teus bosques de castiñeiros e nogueiras , das túas frescas hondanadas , dos teus cristalinos arroios que se precipitan dos teus altos montes , dos mil caprichos e accidentes de terra tan abrupta , tan variada , tan pintoresca ? "
Quen mellor que D. Urbano Ferreiroa describiría os encantos desta terra que máis tarde outros estudiosos de Galicia denominarían : " balcón do Ribeiro " .... Si ; ese balcón desde o cal víase a trasfega dos ribeiraos no seu afán por recoller a uva que máis tarde tras un cariñoso e lento proceso transformarase nese néctar dos deuses chamado " Viño do Ribeiro " .
Desde este balcón asistíase ao ir i vir de carros que logo transportaban ese viño a toda Castela e o resto de España , hai que destacar que en época romana , parte dese viño regaba as mesas de emperadores romanos , proba diso foron as rutas fluviais que partían de " A Barca " e a infinidade de calzadas que asucaban as nosas terras .
Balcón dende o cal obsérvase a forma fálica ou cilíndrica do enorme menhir natural de " Pena Corneira " , que segundo D.Eladio Rodríguez , escritor natural de San Clodio , " É algo que dá a sensación de obedecer a unha estudada e metódica colocación " . Seguimos paseando a vista por pobos e máis pobos do Ribeiro e parte da Comarca de Orcellón . O panorama é tan amplo que xa se albiscan eses nuboeiros que aparecen no horizonte pero que ao ser tan extenso non nos collen desprevidos . As postas de sol nese marco incomparable adivíñanse fantásticas , case sobrenaturais . Que veciño de San Fiz pode negar que nunca tivo un momento de acougo , recordo , melancolía , mirando ese magnífico telón de fondo .
Sigo nese balcón escoitando os lamentos do vento de inverno que chegan por " a Corredoira " maltratando os piñeirais de " a Longariña " e " a Carballeira "ameazando con derrubar castaños e nogueiras que adornan os nosos campos . Cando o temporal remite os cantos do merlo e o murmurio das augas de " ou Regacho dás Candorcas " son música para os meus oídos .
As campás tocan o ángelus , os carros páranse , os labriegos sacando a boina e fincando o xeonllo en terra , rezan unha oración para que a súa colleita non se astíe nos campos e por se isto fose pouco , o día da Patroa a Virxe do Perpetuo Socorro , levarana en procesión ata " as Puzas " , para pedir un pouco de auga que afogue os saloucos e reverdezca os campos .
Sigo mirando desde ese balcón a Osmo , pobo amigo todo o ano e rival durante dous días que dura a festa , non me sinto culpable , apelo á tradicción e o legado dos nosos antepasados , que nos contaban aquelas historias de rivalidade desde senllos campanarios que ao final ramataban co berro forte dun neno : " Osmo , non poledes " . Os nosos avós leváronse á tumba eses pequenos contratempos xa só permanecen no recordo , a modernidade , a tecnoloxía , o progreso empuxaron os nosos camiños por outros derroteiros .
Este balcón é a testemuña muda do paso do tempo , segue aí , xeración tras xeración , a el asomáronse os nosos avós , os nosos pais , asomeime eu durante un longo período e agora toca asomarse aos nosos fillos , que verán con outros ollos o panorama que se mostra .
A historia deste pobo quedará marcada neses muros de pedra que noutro tempo foron a casa dos nosos antepasados , nos frondosos piñeirais que cantaba D.Urbano Ferreiroa , nos rumores do regacho que se apresura a levar as súas augas a atoparse co pai Avia , pero tamén quedará gravada na memoria dos nosos fillos , para élo , debemos saber contarlla .
Todo pasa e todo queda cantaban os versos daquel insigne poeta e á miña mente acoden aqueles recordos dun pasado non afastado polos camiños deste fermoso pobo , aínda escoito a tremenda algarabía procedente de " A Carballa ", lugar onde xuntabamos as nosas ansias de vivir , cansabamos os nosos pequenos corpos e alimentabamos a fraternidad , correndo detrás dun balón ou espiando furtivamente a algunha compañeira que xa comezaba a mostras os seus encantos futuros . Uníanos o xogo , a amizade e os segredos e separábanos algunha regañina do cura porque a nosa pelota sempre ía a para entre as súas coidadas cepas , ou un castigo de Dna Manuela por non sabernos a táboa do sete .
Foron anos inesquecibles ao abrigo dunha pequena escola na que comezabamos a fraguar os nosos destinos , aínda que nós non fósemos conscientes de élo e a nosa principal reivindicación fose que os recreos eran curtos e habería que aumentalos , a pesar de que dita reclamación xamais se viu cumprida .
Continúa o lento camiñar dos anos e toca separarnos ; uns seguen no pobo , outros se van a estudar a fóra , uns abandonan os libros , outros se abrazan a éles , pero aos poucos o destino , cruel palabra , rompe esa harmonía fundamentada en moitos anos de amizade e camaradería e empúxanos a comezar camiños distintos , metas opostas . O destino afogou aqueles berros infantís , aquelas aventuras apaixonantes en " A Longariña " " A Carballa " ou en " O Barazal " , borrou aquelas tardes de astío que aproveitabamos para ir roubar algunha cereixa , ou a buscar algún niño de merlo . Ese destino xúntanos agora de ano en ano na procesión do Socorro ou nalgún cabo de ano , pero xa nada é igual ... Xa non somos os mesmos de antes ; o progreso , as présas , o coche e o móbil hannos maleado . Boas palabras , efusivos saúdos , cordiais apertóns de mans , pero xa ninguén se acorda daqueles xuramentos de amizade , daqueles segredos ben gardados , daqueles silencios cómplices antes de acusar a un amigo ...
Fomos os últimos habitantes da escola do pobo , ata hai pouco reconvertida nun bar , hoxe nun non se que , as últimas bicicletas que pedalearon aquelas sufridas costas , os últimos xogadores de " A Carballa " ... Hoxe todo apunta máis alto : os grupos escolares , as estradas asfaltadas e o fútbol en " O Picouto " . Hoxe xa só me queda perderme no medio deses recordos e así reavivar a chama que aínda queda dentro , pechar os ollos e escoitar :
" Ao corro da pataca ... "
" O patio da miña casa , é particular ..."
" Antón , Antón , Antón pirulero ..."
" Rei , rei , cantos anos durarei , vintecinco non nos ei ..."
....eses silencios que me falan de San Fiz . 


Campo de golf da Touza . 

Para os amantes diste deporte e o lugar ideal pra pasar un inolvidable fin de semana , completa o campo de golf un pazo de sobria construcción e unhas paisaxes dignas de ver . 


A fervenza da Fareixa nas Candorcas . 

Trátase dunha fervenza natural de auga , que noutros tempos o vir o río con mais auga , a caida desta era mais impresionante . Atópase no tramo medio do regato das Candorcas ,nace èste por debaixo dos montes do Picouto deslízase por As Puzas e baixa regando as leiras do Barreiro pra logo descender por Os Muiños da Patela e precipitarse ruidosamente nunha bonita fervenza que separa os municipios de San Amaro e de Cenlle . Logo paséase por Riobóo e en San Clodio fúndese con outro regato que ven do Barón pra ir a morrer o seu pai o Avia .
Pra aceder ela hay que coller a carretera que vai de Osmo a Riobóo e o pasar a capela do Socorro nunha curva fuerte da carretera xa se ve a fervenza. 


Os topónimos en San Fiz . 

Os topónimos na nosa parroquia como en outras tantas da provincia , son abundantes e variados .
Esta abundancia de topónimos responde a dispersión das entidades de poboación , a orografía irregular e dificultosa do terreo , a secular explotación dos recursos , e pola abundante flora e fauna , isto todo fai que queiramos nomear cada anaco da nosa terra . A toponimia forma parte dos elementos culturais do noso pobo .
Os topónimos que vou nomear están refiridos o ámbito territorial da parroquia de San Fiz , non son todos os que se conocen , son soamente unhos poucos , os mais senlleiros . Seguramente que os mais vellos do pobo conocerán moitos mais .
Todos eles fan referencia a un monte , un lugar de cultivo ,un bosque ,unha aldea ,un pobo ,un regato ou un lugar determinado . Paso a enumerar alguns :
" Mascaroute " , " A Burata " , " A Burga " , " A Cantaruxa " , " A desfonda " , " A Mireliña " , " Agualevada " , " As Cicuteiras " , " As Minganas " , " Castreás " , " O Cacharelo " , " O Cortiñal " , " O Gorgullón " , " O Piñoriño " , " Os Farragús " , " A Carpaceira "
, " As Candorcas " , " A Longariña " , " As Pombeiras " , " Os Frades " , " O Lavadoiro " , " O Cacharelo " , " O Cepeiro " , " O Lentellal " , " Brexaus " ...etc.
Si queredes consultar todos os nomes , entrade no enlace seguinte :Nomenclator 


" O Foxo " do lobo no Picouto . 

O nome do Foxo , tanto do campo de fútbol do San Amaro coma do lugar do Foxo , non foron postos dunha maneira arbitraria , senon que responde ao nome común que se coñece en Galicia dunhas trampas históricas construidas pra cazar lobos .
Despois de consultar mapas antigos e distinta documentación , chegueí a conclusión de que nos aledaños do actual campo de fútbol do San Amaro situábase unha desas típicas construccions do " Foxo do lobo " , na actualidade non se pode apreciar a tipoloxía da contrucción , pois entre a carretera de acceso e o campo de fútbol poidérona estragar por completo .
A construcción era sinxela : consistía nunha serie de muros de pedra altos , hacia donde se guiaba o lobo durante a batida e que pouco a pouco ían estreitando en forma de embudo hasta chegar a un foso ou puzo donde o animal víase atrapado . O foxo e unha construcción moi coñecida en toda Galicia , dadas as características dos nosos montes propicios e moi abundantes en lobos . Precisamente o lado do Foxo está a Corredoira que sempre foi un lugar de encontro con estes animais , poca xente haberá da parroquia que non escoitara episodios cos lobos , nosos avós , nosos pais e incluso nos moitas veces fomos protagonistas de encontros , pouco desexados , con estes animais .
Oxe en día , debido a que a masa arbórea desapareceu dos nosos montes , por culpa dos incendios , carreteras , etc , e mais difícil atoparse co lobo , ainda que esporádicamente pode recorrer montes e camiños da nosa contorna .
Estas batidas solíanse facer en primavera ou vrán e estaban reguladas por os concellos das parroquias . Os cazadores saían a bater o monte provistos de todo tipo de obxectos que facían ruído e encamiñaban na sua fuxida cara o espacio entre os valados . que solían ser de pedra . En alguns lugares participaban hasta 200 personas e cando o animal caía no foxo , se había algún valente , baixaba o foxo e prendía o animal con vida que logo de maltratar era exposto a toda a vecindade . Se non había quen baixara alí mesmo o mataban .
De momento non podo precisar o lugar exacto do foxo do Picouto , pois necesitaríase un estudo topográfico , pero o que sí podo afirmar e que alí houbo un deses tipos de construcción chamados " Foxo do lobo " 


" Vila de Sandurci " 

Despois dun estudo a fondo de varios documentos antigos cheguei a conclusión de que o pobo de Sandulces, foi sen lugar a dúbida o mais importante da parroquia de San Fiz. Outros o foron por posesión de títulos nobiliarios , por os seus grandiosos pazos con interesantes pedras de armas e outros por ser o núcleo de poboación mais importante. Pero Sandulces o foi porque durante bastantes anos era considerado coma unha vila.
O documento mais antigo que coñecemos data do 29 de Abril do ano 887, encóntrase no Cartulario do Mosteiro de Sobrado dos Monxes. Figura como Doc nº 111 e trátase dunha escritura de doazón feita por Sismandus en favor da sua esposa Eldontia. O texto e en latín e mostra a fórmula visigótica de entrega de dotes, enumera todos os pobos que lle entrega a sua dona e entre eles figura "Sandurci".
Noutro legajo do ano 974, Rodrigo Velasquez "dux" xunto cos seus irmans permuta o abad de San Pedro de Antealtares a villa de Sandurci sita en los términos de Castella . Aquí xa figura Sandulces coma vila, non coñezo os anos que permaneceu coma vila pero unha cita que fixo o Padre Samuel Eiján no seu libro " Historia de Ribadavia y sus alrededores" ala por o ano 1920 dice que Sandulces pertenece a Xurisdicción de San Andrés de Camporredondo e sitúa dentro de Castella xunto con outras vilas : Vila de Juvencos, Vila de Sandulces, Vila de Daconi etc, referíndose a datos de cando Pedro Mosquera Sotomayor era xuíz ordinario desta xurisdicción.
Seguimos encontrando citas coma a do 15 de Mayo de 1164 na que se reunen en Ourense ante Don Sebastián de Aguilar, chantre e comisario do Santo Oficio, con motivo de que declaren e fagan notoria as Constitucións da Santa Cofradía de San Pedro Mártir de Ourense. Invitan, para tal acontecemento, a ministros, comisarios e familiares de tres leguas arredor de cidade e entre esa xente aparece Juan González de Sandulces, sin dúbida, persona notoria en dita vila.
No expediente nº 3255 seguido a Don Francisco Antonio de Toubes y Ordoñez, nacido en San Fiz de Navío en 1761, coa información para a sua fidalguía feita no Coto de Sandulces pola sua orixen e na que se proba ser da rama dos Toubes da casa da Touza e da de Riobóo, con heráldica que ostenta esta linaxe nas suas casas. E por último xustifícase tamén estar incluídos nos padróns de nobres dos anos 1737 e 1767.
No ano 1831 según o Diccionario Geográfico Universal o Coto de Sandulces seguía pertenecendo a Xurisdicción de San Andrés de Camporredondo.
Todo isto lévanos a reconocer a importancia que na antigüidade tivo esta aldea de San Fiz. Por último choca un pouco ver como un lugar tan pequeno, tiña tanta importancia na administración, un paseo por entre as casas do lugar deixa as claras a pequenez do pobo. Un artigo do día 6 de Agosto de 1918 do Diario de Galicia dice : En la Parroquia de San Felix de Navío, del Ayuntamiento de San Amaro se han quemado las cinco casas que constituían el pueblo de Sandulces, los esfuerzos hechos por los vecinos no han conseguido extinguir el voraz incendio, que no sólo convirtió las casas a escombros, sino que quemó los enseres que había dentro. No han ocurrido desgracias importantes.


Lugares perdidos de San Fiz. 

Cimadevila: No ano 1258 cando estaba o frente do Mosteiro de San Clodio o abade Fernando Gutierrez, realiza a compra do lugar de Cimadevila, en San Fiz de Navío, do que eran propietarios Pedro Dieguez e a súa irmá polo prezo de un soldo anual.
Arousa e Dorasón: No ano 1451, Fray Jerónimo Centeo, abade de San Paio de Antealtares, afora a Jerónimo de Chapa e a súa muller Elvira de Sandulces o lugar de Arousa e Dorasón en San Fiz de Navío, por cinco ferrados de Centeo.
Puzas de Val de Obregón: Aparece en alguns legajos, foros e permutas desta parroquia. Está situado na carretera que vai hacia a Corredoira e na actualidade o lugar chámaselle As Puzas.
Cabodevila: No ano 1499 fray García de Astudillo, abade de San Pedro Pinario, afora a Alonso de Cabodevila, o lugar de Cabodevila, parte da actual A Quintá, en San Fiz de Navío, por unha renda de seis fanegas de centeo.
Souto de Faixo: Lugar despoboado na actualidade pero que anos atrás estaba habitado,proba diso témola nun documento do ano 1633 que se atopa no Arquivo Histórico Provincial de Ourense, no cal fala dunhos veciños de Souto de Faixo, Bartolomé Alvarez e Constanza Rodríguez.
Sancedo: Trátase dunhos prados e pasteiros que había en Ventoselo, moi preto de alí hay un lugar chamado a Fonte dos bois, lugar de paso dos arrieiros que subían carradas de viño, polo camiño real, desde as viñas de San Fiz hasta terras de Castela.


" O penedo do caracol " no monte de Sancedo en         Ventoselo. 

Preto do petroglifo da Verea atópase un conxunto de grandes rochas graníticas, nas que en algún caso, amontóanse en vertical orixinando algunha pedra cabaleira e en algún outro conxunto coma o que hoxe describo, semella a forma dun caracol. O penedo do caracol está formado por tres grandes bloques graníticos perfectamente colocados ou amontoados accidentalmente. Este lugar está situado no monte de Sancedo, así e como aparece na toponimia do Catastro. Atópase moi preto tamén de " Castreás", un antigo castro da parroquia, que se sitúa entre os montes da Quintá, Ventoselo i a Reguenga.
Noutro momento explicarei o paralelismo existente entre os dous castros : Monte do Castro e Castreás i os seus lugares de culto que serían o Toco do Zorro e Sancedo. Debido a que este lugar non está catalogado, non podo afirmar que sea un altar de culto ancestral, como pasa, polo contrario, no Toco do Zorro, pero todo me fai pensar que cumple as características de cercanía e as condicións que requiren estes lugares sagrados.
Pero non e só esta formación rochosa, hay a lo menos no entorno unha pedra cabaleira que describirei no seu momento.


O " Coto de Outeiro" 

O lugar de Outeiro da parroquia de San Fiz, noutrora fregresía de San Fiz de Navío e pertenecente a xurisdición de Roucos, gozaba dun estatus distinto o resto dos lugares da parroquia. En primeiro lugar a finales do século XVI, según un estudo do profesor Frutos Fernández González chamado : O padrón de San Clodio ano 1580, aparece a Granxa de San Fiz de Navío dentro do padrón das Pousas que San Clodio posuia na comarca do Ribeiro, esta granxa estaba situada no lugar de Outeir. Pertenecía a xurisdición de San Clodio e estaba composta por varias fincas adicadas oa viñedo, entre elas: As Pombeiras, a Almuiña e o Penso. Destas viñas partían carros cheos de pelexos de viño hacia o Mosteiro e logo dende alí a través do "camiño dos arrieiros" e do "camiño miñoto" acababan embarcadas no porto da Coruña e noutros destinos.
Xa a mediados do século XVIII aparece no Catastro de Ensenada de 1761, como "Coto de Outeiro" cuxo dono era D. Felipe Antonio de Toubes Villamarín, que vivia neste lugar co seu pai D.Francisco Vázquez de Toubes, e mais tarde casaría con Dña Leonor María Ordóñez y Mosquera. Pois ben, a fregresía de San Fiz de Navío pertenecía e tributaba o señorío e dominios dos Condes de Ribadavia e nembargantes o Coto de Outeiro tributaba a Felipe Antonio de Toubes .


A Brea. 

Ou topónimo Brea , procede do latín " vereda " co significado literal de " levar carros de carga " e dicir , camiño de carros . Resulta ser un claro indicio de que polo lugar pasaba un antigo camiño de carros que non caso dá Brea , tratábase dun importante camiño medieval que unía San Clodio con Ourense pasando por os Chaos de Castela e Barbantes . 


San Fiz de Navío . 

          Pola dilatadísima extensión que desde alí se domina, adoitan chamar os naturais do país á San Félix de Navio o balcón do Ribeiro. Situado á uns tres quilómetros do río Avia, logo de habérselle unido o Víñao e o Arenteiro; en vantaxosa posición,mestura de montañosa e ribeirega; alternando no seu chan fértil e abundante as ladeiras cubertas de viñedo con extensas zonas, á que prestan sombra o piñeiro, o carballo e o castiñeiro, o seu conxunto resulta de excepcional beleza, á a que engade novos encantos o inmenso horizonte e as desigualdades do terreo, esmeradamente cultivado e poboado á treitos de pintorescos pueblecillos ata
as últimas distancias.
         O nome de Navio é único na toponimia española; o que  unicamente pode recordalo na nosa rexión é o antigo nome da deusa Navia, na época do paganismo, e o de Nabiola, en cuxas proximidades houbo na Idade Media un mosteiro dùplice suxeito ao de Celanova. Pertence a parroquia ao Concello de San Amaro, partido
xudicial de Carballino, e dista de Orense uns 24 quilómetros. Navio garda nun panteón inmediato á a igrexa as cinzas do que fué o seu ilustre fillo o Dr. D. Urbano Ferreiroa, sacerdote exemplar, autor da Historia dos Papas, A transformación da Roma pagá estudada na Roma actual , Nerón e outras obras que lle deron merecida fama de docto e elegante escritor.  Temos noticia da existencia do Mosteiro de Toxosoutos situado no actual concello de Lausame ( entre Santiago e Noya) Tendo en conta que Afonso VII no ano 1138 faille doazón das jurisdiciones de Gomariz,Serantes,San Fiz de Navío a devandito mosteiro , polo que podemos deducir que as relacións con Compostela eran estreitas .
           No libro " Historia de Ribadavia e os seus arredores " do pai Samuel Eiján ,dinos que no ano 1137 foi fundado o mosteiro de Osera previa a doazón do Emperador de todas as terras que o rodeaban , as súas pertenzas e ingresos , outros señores e os seus sucesores séguenlle doando terras e posesións , diríase que a porfía disputábanse a honra de enriquecer ao Mosteiro . Entre outros donativos cuantiosos , figura o que lle fixeron os Condes Don Rodrigo e Dona Froila que comprende os lugares de Partovia e Esmoriz , os casales de Barón , de Aguisar , de Piñeyro , de Cobelo e os Padroados de Santiago , San Ciprián e San Fiz , etc .
A parroquia de San Fiz , ata ben avanzado o século XIX , formaba parte da jurisdición de Roucos , sobre a que establecía o seu señorío o Conde de Rabadavia , só que en San Fiz , compartíao con Don Pedro de Toubes .
Segundo o libro " Historia de Ribadavia e os seus arredores " do Pai Samuel Eiján di : A parroquia de San Félix de Navío , non tiña en 1487 , senón sete veciños , dependentes do Priorado de Celanova . 


"O Coto da Forca" 

Moi cerca do límite dos Concellos de San Amaro e Cenlle, no lugar chamado Corredoira, nun alto de 450 metros, erguíase o chamado " Coto da Forca". Este era un lugar de xusticia da Xurisdicción de Roucos. Se buscades por Galiza adiante hay unhos sete cotos da forca semellantes espallados polas catro provincias.
Estes eran espazos donde se axusticiaba os reos despois de ser condenados polos tribunais mediante o método do aforcamento, empregado para a "xente común", ou sexa, todos os que non eran nobres.
Un exemplo moi bo pra explicar a ubicación destes lugares e o da Corredoira, que como todos e un lugar de tránsito, cruce de camiños e cercano a cadéa, que por aqueles anos, a cárcel da Xurisdicción de Roucos estaba en San Amaro de Montes, igual que a Casa da Audiencia de Roucos, tamén no San Amaro. Fáltame por investigar en dónde se atopaba a cadea , a Casa da Audiencia coido que pudo ser unha casa que hay en fronte da farmacia, que posúe un escudo dos Sarmiento na fachada.
Para tranquilidade de moitos hay que dicir que as penas capitáis de aforcamento eran moi pouco frecuentes, principalmente eran para delitos de sangue, ou salteadores de camiños.
SACADO DUNHA PUBLICACIÓN DE PRADO Y ULLOA DO BLOG ARQUEO+LOGOS 


¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar